Home > Comunicados de Prensa > Evolución de la Cooperativa > [NdP] Som Energia chega ás 25.000 socias e socios en só 5 años

[NdP] Som Energia chega ás 25.000 socias e socios en só 5 años

[Tamén en: Català e Castellano]

Girona, 4 de abril de 2016

Esta semana a cooperativa de enerxía verde Som Energia alcalzou a cifra de 25.000 persoas socias despois de 5 anos de funcionamiento, e convírtese na cooperativa de enerxía verde máis grande do Estado e das máis grandes de Europa.

Som Energia, que non para de medrar a un ritmo de 500 socios e o dobre de contratos cada mes, permite aos seus membros, sexan particulares, empresas ou administración pública, contratar a luz certificada 100% renovable e desnvolve proxectos de xeración de enerxía a partir de fontes renovables.

A pesar de ser unha empresa xove, xa é economicamente sostible ao superar os 16M€ de facturación no ano 2015 e cunha previsión de que aumente un 50% para este ano. Actualmente xestiona máis de 33.000 contratos de luz en todo o Estado español, ten máis de 60 grupos locais repartidos por todas as comunidades autónomas e xera anualmente a electricidade necesaria para máis de 2.000 fogares a partir de 8 instalacións fotovoltaicas, unha planta de biogás en Torregrossa (Lleida) e unha central hidroeléctrica en Peñafiel (Valladolid).

Proximamente conectará unha nova planta fotovoltaica de 2MW de potencia (enerxía para 1.300 fogares), que será a primeira que impulsa sen contar cos incentivos de primas ás renovables que desapareceron en 2012, e faino a partir dun innovador modelo de financiamento participativo que permite o investimento de socios e socias para obter a electricidade a precio de coste a través da factura eléctrica. Un modelo de autoconsumo colectivo novo no estado chamado Generación kWh.

Gijsbert Huijink, xerente de Som Energia, remarca que «a satisfacción de que tanta xente se sume ao proxecto é moi grande. Mais para conseguir o noso obxectivo de mudar o modelo enerxético é necesario que moitas máis persoas participen de cooperativas ou iniciativas cidadás como a nosa».

IMAXES DA COOPERATIVA AQUÍ

Máis información e contactos:
Email: comunica@somenergia.coop
Francesc Casadellà, Comunicación. Tel. 638 543 840
Marc Roselló, Participación. Tel. 691 777 540

Celebració Som Energia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.