Home > Grupos Locales > Galiza > Som Energia Galiza > Análise sobre o Real Decreto de Autoconsumo

Análise sobre o Real Decreto de Autoconsumo

[Tamén en: Català - Castellano]

Coa aprovación do RD 900/2015, que supón unha nova barreira ao autoconsumo, queremos facer unha recopilación das opinións, análises e reflexións que xorderon nas últimas semanas e que nos parecen destacables.

A nova regulación vai en contra do modelo de desenvolvemento das enerxías renovables polo que nos traballamos: distribuído, eficiente e cun papel activo da ciudadanía.

En lugar de favorecer a autoproducción, no medio da situación de crise climática na que nos atopamos, crea unha peaxe ao sol que frea o acceso a un recurso ao alcance de todos. Este imposto é unha penalización polo feito de que deixaríamos de pagar unha parte da factura de electricidade se puideramos xerar parte da nosa enerxía na casa.

Ademais, segue a crearse unha situación de incerteza porque deixa no aire a aplicación desta peaxe para as instalacións de menos de 10 kW (as axeitadas para un uso doméstico). Deste xeito poden afirmar que as familias non pagan (parte) da peaxe mais esquecen dicir «Por agora!»

Quen nos asegura que non muden as regras do xogo unha vez comece o partido? Como ben sabemos, non sería a primeira vez.

Convidámosvos a ler os seguintes artigos que vos axudarán a entender mellor a situación:

Desde a cooperativa animamosvos a asinar o Manifesto pola derogación do RD 900/2015 de Autoconsumo, promovido pola Plataforma por un Nuevo Modelo Energético, da cal formamos parte:

Manifesto para pedir a derogación do novo Decreto

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.