Home > Grupos Locales > Galiza > Som Energia Galiza > Xerando os primeiros kWh verdes en Alcolea!

Xerando os primeiros kWh verdes en Alcolea!

[También en: Castellano y Català]

Despois de que o 26 de abril comezaran os traballos de conexión na planta solar de Alcolea del Río, por fin o pasado 3 de maio, comezamos a autoproducir colectivamente os primeiros kWh de enerxía verde!

Para facerse una idea da dimensión do proxecto que realizamos entre todas e todos, nos seus primeiros 7 días xa producimos 33.000 kWh, o mesmo que en 6 meses de funcionamiento das tres cubertas fotovoltaicas que instalamos en 2012 en Riudarenes (Girona).

Ou dito doutro xeito: nunha semana producimos enerxía renovable suficiente para abastecer 10 familias, en hogares tipo, durante todo un ano.

Onte, os compañeiros e compañeiras Som Energia Sevilla, realizaron unha charla de presentación do proxecto no Concello de Alcolea del Río e hoxe un acto inaugural coa presencia de entidades públicas e organizacións sociais, así como unha campaña de sensibilización e actividades formativas na zona.

Os seguintes pasos son, por un lado, terminar o financiamento da planta que se encontra a casi 300.000€ de completar os 2M€ necesarios antes do próximo 31 de maio, polo que calquera difusión a amigos, familiares e empresas será como sempre de vital importancia.
E polo outro, empezar o segundo gran proxecto, a construcción comunitaria dun muiño eólico perto de Barcelona que este mismo mes de maio acaba de recibir a autorización administrativa (BOE) para que poidamos comezar as obras.

Celebración e Visita Guiada na Planta

Como noutras ocasións, en pouco tempo proporemos unha data para unha visita guiada con socios e socias que queiran (e poidan) ir á planta para unha merecida celebración sobre o terreo.

1_

4_

6_

7

contador-alcolea-gkwh

inauguración-alcolea-gkwh

Ver todas as fotos do proxecto

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.