Home > Grupos Locales > Galiza (página 2)

Galiza

Benvida ao blog de Som Energia Galiza

Nucleares NON Graciñas - Asemblea 2014

Dámosvos a benvida a este novo espazo de difusión do grupo local galego que é o noso blog. Neste espazo aberto a todas publicaremos información relativa á nosa actividade como Sección Territorial da Galiza, até o momento o único grupo de traballo da cooperativa no noso territorio. O grupo galego leva traballando e loitando por un modelo enerxético mais xusto e baseado en enerxías renovables desde o ano 2012, dando charlas, participando en feiras e compartindo, cara a cara, o proxecto da cooperativa. Podes ver un resumo da nosa actividade na plataforma de traballo. Somos xa mais de 250 as persoas que nos fixemos socias da cooperativa e que dimos o salto para consumir doutro xeito mais consciente e acorde ao mundo que desexamos. Somos mais de 250, si, mais somos máis do que un número, somos unha comunidade, e por iso queremos, nesta nova etapa, mellorar a comunicación cos socios e socias da Galiza e facilitar a participación de todas na loita por un novo modelo enerxético. En breve poñeremos en marcha a páxina …

Leer más »