Home > Som Energia > Información e documentación Asemblea Xeral 2015

Información e documentación Asemblea Xeral 2015

[Tamén en: Català e Castellano]

Lembrámosvos que o próximo sábado 9 de maio terá lugar a Asemblea Xeral da cooperativa, de 10 a 14h.

A continuación detallamos toda a información:


Sede e enderezo para participar na Asemblea desde Galiza

Zona

Enderezo

Inscrición

Galiza Local de Igalia (Software Libre). Rúa Bugallal Marchesi, 22, 1º. A Coruña Formulario

Para quen non poida asistir, aquí tendes o documento para a delegación de voto (descargar GL).

Tamén será posible seguila en directo a través de internet, mais sen opción de voto.


Orde do día

Asemblea Ordinaria

  1. Presentación do peche provisional do exercicio 2014
  2. Memoria social 2014
  3. Exercicio 2014, orzamento 2015 e informe intervención de contas.

Asemblea Extraordinaria

  1. Presentación modelo investimento GenerationkWh
  2. Informe Seguimento tarifa eléctrica
  3. Interes capital social voluntario año 2015 (3%)
  4. Petición autorización ao Consello Reitor para emisión de capital social voluntario
  5. Proposta uso do donativo voluntario
  6. Presentación candidatos a Consello Rector e intervención de Contas.


Documentos dos puntos a tratar

Buscamos persoas candidatas a Interventor/a de Contas

Hai unha vacante como Interventor/a de Contas. Este é o órgano da cooperativa que revisa as contas anuais da cooperativa en nome dos socios e socias.
Ferran Mozas, que exerceu esta función desde o inicio da cooperativa, causa baixa por motivos persoais e faise preciso que outra persoa socia se sume ao equipo de tres interventores/as.

Enlazamos as instrucións para aquelas persoas que queiran presentarse. A data límite para presentar candidatura é o próximo mércores 6 de maio.

Instrucións para interventor/a de contas

Persoas candidatas o Consello Reitor

Nesta asemblea debemos votar novas incorporacións para o Consello Reitor.

O día da asemblea cada persoa socia poderá votar tres dos cinco candidatos/as mediante as papeletas de votación. Os tres candidatos/as con maior número de votos serán as novas incorporacións ao Consello Reitor.

Presentámosvos as 4 candidaturas a membros do Consello Reitor:

Apoio á Campaña de denuncia Salvemos Catasós

Este ano, Som Energia Galiza convida a todos os grupos locais a facer difusión da campaña de denuncia Salvemos Catasós.

A proposta é que cada Grupo Local imprima un ou varios cartaces entre os modelos propostos e que nun ou varios momentos da asemblea, fagamos fotografías onde se vexan os cartaces.

Despois poderemos enviar as imaxes directamente a galiza@somenergia.coop e tuitealas citando a @salvemoscatasos.

Neste enlace atoparedes toda a información e o material a imprimir.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.