Home > Som Energia > Asinamos un convenio con Volta Motorbikes, fabricante de motos eléctricas

Asinamos un convenio con Volta Motorbikes, fabricante de motos eléctricas

[Tamén en: Català - Castellano]

Para fomentar a utilización do vehículo eléctrico, vimos de pechar un acordo cun fabricante de motos eléctricas para facilitar a compra a socios e socias da cooperativa.

Volta Motorbikes é unha empresa nacida en Figueres que ven de lanzar o seu produto insignia, unha motocicleta 100% eléctrica, deseñada e montada na súa sede.

Volta ofrecerá ofertas especiais ás persoas socias da cooperativa na adquisición das suas motocicletas.
.

Volta 2

E por outro lado, a cooperativa dará ferramentas e formación aos traballadores de Volta sobre as distintas tarifas de subministro eléctrico, para poder orientar ás persoas clientes sobre a mellor tarifa a contratar en cada momento.

A oferta actual para as persoas socias de Som Energia consiste nun desconto de 300€ sobre o prezo do vehículo, ou ben a adquisición gratuita dun kit de conectividade, con xeolocalización e aplicación para móbiles e tablets.

Volta tamén axudará na solicitude das subvencións que poida haber para a adquisición de vehículos eléctricos.

Enlace ao catálago de motos de Volta Motorbikes

Volta animará aos seus clientes a que se fagan socios/as da cooperativa e que contraten a luz con nos, e deste xeito, redondear a súa compra cun subministro eléctrico certificado 100% renovable.

Algunhas persoas do equipo técnico de Som Energia tiveron a oportunidade de probar unha das suas motos, e quedaron encantadas, sobre todo pola ausencia de ruido!

Unha moto como esta cárgase totalmente en 2 horas, cun enchufe como os que temos na casa. Necesita un total de 3 kWh por carga (0,40€ por carga!) Cunha autonomía media de 70 Km

Outros enlaces de interese: Nota de prensa de Volta Motorbikes.

4 comments

  1. José Ramón Naveira Fuentes

    Desearía conocer a socios y también a quienes forman parte del grupo local de Galicia para intercambiar ideas , puesto que estamos ante un gran reto como la importancia de los nuevos derroteros a los que nos tenemos que enfrentar ante el nuevo modelo energético; sin la unión estamos condenados a aceptar los modelos impuestos y cómo individuos poco podemos hacer si no fomentamos la colaboración​ y el asocionismo

  2. Sigue en vigor este convenio?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.