Home > Som Energia > Das 350 socias aos 35.000 contratos

Das 350 socias aos 35.000 contratos

[Tamén en: Català e Castellano]

Hai seis anos comezamos buscando 350 persoas pioneiras e agora chegamos a 35.000 contratos. Non podemos evitar que esta coincidencia numérica nos faga mirar atrás e ver o que logramos entre todas e todos.

Logo-Som-Energia

O 10/10/2010, aproveitando a campaña 350.org, lanzamos un chamamento para atopar 350 persoas socias que quixeran impulsar a primeira cooperativa de enerxías renovables do estado español. Nese momento, xa nos enchía de satisfacción ser 150 persoas implicadas, mais non tardamos en ver como a familia se facía cada vez maior.

Facendo un repaso á última versión do primeiro plan de negocio, elaborado no 2010 coa axuda de alumnado da UdG, nese momento proxectamos unha captación de 700 personas socias nos dous primeiros anos e chegar ás 5.200 a finais de 2015. Canto nos equivocamos! Pouco esperábamos a boa acollida que tería Som Energia.

Hoxe xa somos case 26.000 socios e socias, e vimos de superar os 35.000 contratos coa previsión de chegar a 40.000 a finais deste ano.

Neste tempo, puxemos en marcha nove plantas fotovoltaicas e unha de biogás, recuperamos unha mini hidroeléctrica en desuso e miramos cara o futuro coa ilusión de incorporar, en breve, un muiño eólico. E todo iso de forma participada, sen préstamos bancarios.

Así chegamos ao punto actual no que xeramos enerxía renovable para satisfacer as necesidades anuais de 3.200 familias!

proyecto-alcolea

Chegamos a gran parte do territorio grazas á participación de moitas persoas socias a través dos Grupos Locais, con grupos activos en casi todas as comunidades autónomas e cunha enerxía humana que non decae.

Durante este 2016 perto de 250.000 persoas navegaron pola web de Som Energia, a web da Xeración kWh, o Centro de Axuda, a Oficina Virtual, a Plataforma Social, o Blog Xeral e os Blogs dos Grupos Locais, e suman un total de máis de 1.300.000 páxinas vistas.

En canto á nosa presencia en redes sociais, en Facebook dispoñemos de 40 contas (incluíndo as contas que xestionan os Grupos Locais) e hai conectadas 54.500 persoas. En Twitter, temos 31 contas activas con 34.000 seguidores e seguidoras.
Tamén xeramos unha multitude de vídeos (206 vídeos en total dentro da nosa canle de YouTube que ten case 1.000 subscricións e máis de 120.000 visualizacións acumuladas) e imaxes de moitos momentos vividos na cooperativa (atoparédelas en Flickr onde recollimos case 3.000 fotografías).

E ahora, se xa formas parte da gran familia da cooperativa, que máis podes facer?

Primeiro, utilizar o noso sistema 1×5 onde cada persoa socia pode convidar a outras 5 persoas máis (amizades, familiares, etc.) a contratar a luz con Som Energia baixo a súa figura de socio ou socia.

Cada contrato que xestiona a cooperativa axúdanos a ter máis peso no mercado eléctrico e fai que o noso proxecto sexa máis sostible.

Tamén tes ao teu alcance participar no proxecto de autoproducción colectiva Generation kWh. Facendo un investimento en relación co noso consumo anual, sumamos esforzos para poñer en marcha novos proxectos de producción.

O ben cando a cooperativa identifica a posibilidade de compra de proxectos de producción xa existentes, abrimos a opción ás persoas socias da cooperativa de facer achegas voluntarias ao capital social de Som Energia para asumir a adquisición.

Participar de maneira máis activa a través dos Grupos Locais ou dos debates que se promoven na Plataforma.

Grazas a todos e todas por acompañarnos neste camiño. Seguimos adiante con moita e moi boa enerxía!

de3a35000

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.