[También en: Castellano y Català]
Despois de que o 26 de abril comezaran os traballos de conexión na planta solar de Alcolea del Río, por fin o pasado 3 de maio, comezamos a autoproducir colectivamente os primeiros kWh de enerxía verde!
Ou dito doutro xeito: nunha semana producimos enerxía renovable suficiente para abastecer 10 familias, en hogares tipo, durante todo un ano.
Onte, os compañeiros e compañeiras Som Energia Sevilla, realizaron unha charla de presentación do proxecto no Concello de Alcolea del Río e hoxe un acto inaugural coa presencia de entidades públicas e organizacións sociais, así como unha campaña de sensibilización e actividades formativas na zona.
Os seguintes pasos son, por un lado, terminar o financiamento da planta que se encontra a casi 300.000€ de completar os 2M€ necesarios antes do próximo 31 de maio, polo que calquera difusión a amigos, familiares e empresas será como sempre de vital importancia.
E polo outro, empezar o segundo gran proxecto, a construcción comunitaria dun muiño eólico perto de Barcelona que este mismo mes de maio acaba de recibir a autorización administrativa (BOE) para que poidamos comezar as obras.
Como noutras ocasións, en pouco tempo proporemos unha data para unha visita guiada con socios e socias que queiran (e poidan) ir á planta para unha merecida celebración sobre o terreo.