Home > Som Energia > Generación Renovable > Generation kWh > Conectada a Planta Solar de Alcolea!

Conectada a Planta Solar de Alcolea!

[Tamén en: Català i Castellano]

Despois dunha espera de máis de catro meses, finalment hoxe conectouse á rede eléctrica a planta fotovoltaica de Alcolea del Río.

Facendo un pouco de memoria, iniciamos esta iniciativa de xeneración colectiva de electricidade en xuño de 2015, despois duns meses de preparación e de pensar cómo podía funcionar un novo modelo de participación cidadá para impulsar novos proxectos de xeneración nun novo contexto, sen apoio ás renovables e con barreiras á autoproducción.

Xa en setembro, tiñamos todos os permisos para empezar a construir o primeiro proxecto, a fotovoltaica de Alcolea del Río que hoxe conectamos, mentres que a participación de socios e socias á Generación kWh seguía aumentando.

Foi en novembro que se empezaron a instalar as primeiras placas solares e en decembro as obras xa estaban terminadas. En dous meses xa estaba todo listo tecnicamente para empezar a producir electricidade, mais…

O 2016 iniciou marcado por unha demora nos trámites administrativos por parte da distribuidora e da administración, cando xa tiñamos todo listo pola nosa parte e só faltaba esperar a autorización e a realización da conexión á rede da planta.

Finalmente hoxe, 26 de abril de 2016, a longa espera terminou, e o proxecto comeza a producir.
Moitas grazas a todas as persoas que forman parte de Generación kWh!

E, curiosamente, coincide có 30 aniversario do accidente de Chernóbil (Ucrania).  Enchufamos enerxía verde o mesmo día que se lanza a campaña «Desenchufa a enerxía nuclear«.

A planta, cunha producción anual prevista de 3,4 millóns de kWh (o equivalente ao consumo anual de electricidade dunhas 1.300 familias) e un aforro de 1.030 toneladas de CO2  é o primeiro dos proxectos en funcionamiento do Generación kWh.

Mais o reto continúa, a planta fotovoltaica de Alcolea del Río é o primeiro dos tres grandes proxectos de enerxías renovables do Generación kWh.

O segundo gran proxecto é a construcción comunitaria dun muiño eólico na Anoia (Barcelona), que vend de ser autorizado pola Generalitat de Cataluña este mesmo mes de abril.

Agora mesmo somos máis de 1.700 persoas que aportamos máis de 1.600.000 €, mais isto non pode parar, fai falla máis participación para impulsar novos proxectos, como o Vivir do  Ar do Ceo e outros que virán.  

Todo o mundo pode participar, sexa un particular, empresa ou administración. Xuntas camiñamos cara o modelo 100% renovable e participado.

Vídeo Què és la Generació kWh?Vídeo ¿Qué es la Generación kWh?

connexion-planta-solar-alcolea-sevilla

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.