[Tamén en: Catalán, Castellano]
O pasado 9 de maio tivo lugar a Asemblea de Som Energia, en 18 sedes repartidas por todo o estado de forma simultánea, na que participaron máis de 350 persoas.
Na Asemblea Ordinaria presentouse a Memoria social do ano 2014 e tamén se presentou e aprobou o exercicio económico de 2014 e o presuposto anual para o 2015.
Na Asemblea Extraordinaria presentouse e aprobouse o modelo de investimento GenerationkWh, que permitirá ás persoas socias xerar a súa propia enerxía renovable de forma colectiva.
Tamén se aprobou a proposta de manter o Interese do Capital Social Voluntario ao 3% para o ano 2015 e a autorización a abrir unha nova emisión de Capital Social Voluntario por un valor máximo de 5M€, cando o Consello Reitor o estime necesario.
Por outra parte, das seis propostas presentadas, a Asemblea decidiu destinar os recursos obtidos a través da doazón voluntaria a colaborar en accións contra a pobreza enerxética fomentando a eficiencia enerxética, a reforzar a estructura dos Grupos locais da cooperativa e apoiar iniciativas de enerxías renovables e a outras cooperativas enerxéticas.
Durante a Asemblea presentaronse seis candidaturas para o Consello Reitor, o órgano de goberno e representación da cooperativa. Victoria Pellicer e Maribel Polo (ambas de Valencia) e Antonio Quijada (de Madrid), foron as máis votadas e cubrirán as tres vacantes dispoñibles.
Tamén se votou a incorporación de Mario Andrés (de Barcelona) para cubrir a praza vacante como interventor de contas.
Ana Marco, presidenta da cooperativa, pechaba o encontro convidando aos grupos locais e ás persoas socias, a seguir participando na Asemblea Xeral, unha festa da democracia participativa.
- Recopilatorio de imaxes da Asemblea
- Acta da Asemblea Ordinaria e Extraordinaria
- Vídeo da Asemblea