[Tamén en: Catalán]
Neste mes de xullo o Goberno ven de publicar que se modificará o prezo dun dos conceptos que integra o prezo da electricidade, o de «pagos por capacidade». Nesta ocasión, como novidade, os prezos baixan (aínda que pouco) e en consecuencia, en Som Energia actualizamos o prezo da electricidade para os próximos meses.
O que nos parece realmente curioso é que se publique unha baixada deste concepto a aplicar desde o 1 de agosto até o 31 de dicembro, mais a partir de xaneiro de 2016 volverá subir a case o mesmo que custa agora. Casualidade ou non, este período de rebaixa coincide coas eleccións xerais do Goberno.
Entón, que son os pagos por capacidade?
Son pagos que reciben as centrais (sobre todo de gas) que teñen a capacidade de poñerse en marcha no momento que hai picos de demanda, para garantir o subministro de electricidade a todos os usuarios e usuarias.
O concepto pode parecer positivo, mais a realidade é que en España hai unha potencia instalada moi superior á realmente necesaria. Moitas das centrais de gas traballan poucos días ao ano, e quizáis o máis conveniente fose fechalas, en lugar de darlles un pago «por se fan falla».
Como nos afecta esta actualización?
Coa modificación dos pagos por capacidade, os nosos prezos baixan a partir do 1 de agosto.
No seguinte enlace atoparedes os novos prezos:
Enlace ás Tarifas de electricidade
Se queredes, no Histórico de tarifas podedes ver a evolución dos nosos prezos.
E avanzamos (tal e como xa se anunciou) que os pagos por capacidade a partir do 1 de xaneiro de 2016 volven subir (a uns prezos moi similares aos que tivemos até xullo.
Queredes saber máis?
- Podedes ler o Real Decreto-ley 9/2015, de 10 de julio.
- Para afondar máis en coñecer a actualización dos nosos prezos podedes botar unha ollada ao seguinte enlace da Plataforma.