[Tamén en: Català e Castellano]
En Som Energia decidimos ser un actor consciente e proactivo con respecto á problemática social da pobreza enerxética.
Por un lado, apoiándonos nas directrices da Lei 24/2015 da Generalitat de Catalunya (e que ampliamos á totalidade do territorio español) as comercializadoras deben garantir o subministro ás persoas en situación de pobreza enerxética; isto quere dicir que antes de efectuar calquera corte de subministro, contactamos cos Servizos Sociais do municipio do cliente, para verificar se nos encontramos ante un caso de pobreza enerxética.
Por outra parte, tal e como aprobamos na última Asemblea Xeral, dispoñemos dunha terceira parte do donativo voluntario para destinar ás accións que desenvolvemos para responder ás situacións de pobreza enerxética.
Se a persoa consumidora non é socia da cooperativa, non se lle esixirá o cobro dos recibos, mais será derivada a unha Comercializadora de Referencia onde poderá acceder ao Bono Social e, en principio, a unha maior protección.
Enlazámosvos unha gráfica da xestión actual dos casos de pobreza enerxética.
Acordos con concellos en relación á pobreza enerxética
Coa vontade de ser actores enlazados con outros axentes e construir engranaxes para facer frente aos casos de pobreza enerxética, mais alá de actuar en consonancia coa lexislación, desde a cooperativa estamos asinando convenios de colaboración cos concellos.
Estes acordos baseanse na premisa de establecer un contacto directo entre os servizos sociais do municipio e nos para detectar as situacións de pobreza enerxética e trasladar os contratos cara a cooperativa para garantir o subministro en todo momento.
O municipio faise cargo das débedas nas que poidan incurrir as persoas cubertas polo convenio, e ao mesmo tempo Som Energia facilita a formación nesta materia ao persoal técnico do concello, organizacións e asociacións locais, así como a realización de optimizacións dos contratos de luz que xeren un aforro ao municipio e que se deriven á xestión da pobreza enerxética por parte do consistorio.
A día de hoxe xa asinamos convenios destas características co Concello de Martorelles e o de Arbúcies. E xa se realizou unha primeira formación ao persoal técnico, Cruz Vermella e Caritas, de Arbúcies, en colaboración con Ecoserveis.
Así, en Som Energia temos actualmente dúas canles de acción. Por un lado o desenvolvemento dos propósitos da Lei 24/2015 ampliados á totalidade do territorio do Estado Español, e o uso que facemos do donativo voluntario.
E coa vontade de ampliar o abano de actuacións e a implicación das persoas socias da cooperativa, lembrámosvos que hai un espazo na Plataforma de Som Energia onde todas aquelas persoas que queiran ser máis activas no deseño de propostas locais poidan organizarse. Convidámosvos a sumar a vosa enerxía a esta causa que se ve plenamente afectada polo actual modelo enerxético.