[También en: Castellano e Català]
Girona, 28 d’abril del 2016
Benqueridas socias e socios,
En nome do Consello Reitor de Som Energia SCCL convocamosvos á Asemblea Xeral de Som Energia que se celebrará o próximo sábado 28 de maio de 2016.
A Asemblea Xeral será ás 9:30 horas en primeira convocatoria e ás 10:00 horas en segunda.
A sede central será en:
Auditori de l’Edifici Narcís Monturiol
Parc Científic i Tecnològic de la Universitat de Girona.
Pic de Peguera 15 – Girona
Ademais, simultaneamente, haberá sedes en distintas cidades, organizadas polas Seccións Territoriais e Grupos Locais da cooperativa, desde as que se poderá participar da Asemblea igualmente; informaremosvos máis adiante.
A orde do día, aínda provisional, é a seguinte:
- Presentación da Memoria social e económica de 2015
- Aprobación das contas de 2015
- Aprobación do presuposto para o 2016
- Designación da auditoría de contas
- Xuros ao Capital Social
- Tarifas de electricidade 2016/17
- Prezo da tarifa Generation kWh
- Preguntas e propostas de socias e socios.
Outros temas que están pendentes de valoración para ser incluidos na orde do día definitivo, son:
- Aprobación de convenios de Intercooperación
- Modificación de estatutos
- Tarifas sistema insular
- Modelos de compra de enerxía.
Elaborouse a seguinte enquisa para facer un sondeo previo e ver a idoneidade de levar a votación os seguintes temas:
- Prezo de venda da electricidade para cada subsistema eléctrico.
- Estratexia de compra/venta de enerxía
- Posibilidade de contratar a luz persoas non socias.
Finalmente recordamosvos que atoparedes todas as novidades e materiais que se vaian xerando en relación á Asemblea Xeral no apartado neste Blog.
Animamosvos a participar nesta xornada xa que é un encontro importante para o desenvolvemento da actividade da cooperativa.
Consello Reitor de Som Energia
Gràcies Marta!