Home > Som Energia > Convocatoria Asemblea Xeral 2016

Convocatoria Asemblea Xeral 2016

[También en: Castellano e Català]

Girona, 28 d’abril del 2016

Benqueridas socias e socios,

En nome do Consello Reitor de Som Energia SCCL convocamosvos á Asemblea Xeral de Som Energia que se celebrará o próximo sábado 28 de maio de 2016.

A Asemblea Xeral será ás 9:30 horas en primeira convocatoria e ás 10:00 horas en segunda.

A sede central será en:

Auditori de l’Edifici Narcís Monturiol
Parc Científic i Tecnològic de la Universitat de Girona.
Pic de Peguera 15 – Girona

Ademais, simultaneamente, haberá sedes en distintas cidades, organizadas polas Seccións Territoriais e Grupos Locais da cooperativa, desde as que se poderá participar da Asemblea igualmente; informaremosvos máis adiante.

A orde do día, aínda provisional, é a seguinte:

  • Presentación da Memoria social e económica de 2015
  • Aprobación das contas de 2015
  • Aprobación do presuposto para o 2016
  • Designación da auditoría de contas
  • Xuros ao Capital Social
  • Tarifas de electricidade 2016/17
  • Prezo da tarifa Generation kWh
  • Preguntas e propostas de socias e socios. 

Outros temas que están pendentes de valoración para ser incluidos na orde do día definitivo, son:

  • Aprobación de convenios de Intercooperación
  • Modificación de estatutos
  • Tarifas sistema insular
  • Modelos de compra de enerxía. 

Elaborouse a seguinte enquisa para facer un sondeo previo e ver a idoneidade de levar a votación os seguintes temas:

  1. Prezo de venda da electricidade para cada subsistema eléctrico.
  2. Estratexia de compra/venta de enerxía
  3. Posibilidade de contratar a luz persoas non socias.

Finalmente recordamosvos que atoparedes todas as novidades e materiais que se vaian xerando en relación á Asemblea Xeral no apartado neste Blog.

Animamosvos a participar nesta xornada xa que é un encontro importante para o desenvolvemento da actividade da cooperativa.

Consello Reitor de Som Energia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.