Home > Grupos Locales > Galiza > Som Energia Galiza > Estrea do documental #OligopolyOFF na Galiza

Estrea do documental #OligopolyOFF na Galiza

O próximo mércores 6 de maio estréase en todo o estado o documental «#OligopolyOFF: empieza la revolución energética ciudadana«.

Na Galiza tamén quixemos participar do evento e estamos a participar na organización da estrea no noso territorio. Colaborando con outras cooperativas, centros sociais, bibliotecas, grupos ecoloxistas, … somos xa mais de dez localidades que faremos a proxección simultánea do filme. Socias da cooperativa de toda Galiza, así como simpatizantes, están a traballar duro para que o documental non se presente só nas grandes cidades, senón tamén en vilas mais pequenas como Boiro, Vilar de Santos, Carballo,… Consulta a lista de localidades ao final da entrada e súmate á proxección mais próxima e, se non hai ningunha, anímate e contacta con nos para axudarnos a organizala: galiza@somenergia.coop

cartaz_galiza_blog

Seguro que lembrades aquel primeiro reportaxe do programa Salvados, de Jordi Évole: «Oligopoly: el juego de la energía«, que fixo que moitas persoas comezasen a tomar conciencia do problema do «oligopolio enerxético» que representa «UNESA», onde participan unicamente as cinco grandes empresas eléctricas que dominan o mercado eléctrico . Mais tarde a Px1NME (Plataforma por un Nuevo Modelo Energético) realizou, financiado cun micromecenazgo, un novo documental titulado «Oligopoly2. El imperio eléctrico contra todxs«, onde afondaba sobre as eivas estruturais do noso sistema enerxético. Nesta ocasión, e seguindo a mesma liña de actuación, a Px1NME lanza un novo documental: #OligopolyOFF.

#OligopolyOFF divíde os seus mais de 90 minutos en tres capítulos. Viaxa desde o problema da pobreza enerxética, a través dos distintos conflitos que xera a actual política enerxética no territorio español, ás alternativas cidadás que están a traballar por avanzar na necesaria transición renovable e na democratización da enerxía.

Non te perdas a estrea de #OligopolyOFF e axúdanos a difundilo nas redes!.

Listaxe de vilas nas que temos confirmada a estrea do documental:

  • A Coruña na Casa da Fariña (Praza de Azcárraga 6, baixo) ás 19h
  • Allariz no C.S.A. Cambalhota (Rúa do Castelo 10) ás 19h
  • Betanzos na Libraría Biblos (Rúa Santiago 4) ás 19h
  • Boiro no Centro Social de Boiro (Poeta Manuel María s/n) ás 20h
  • Carballo na Biblioteca Rego da Balsa (Rúa Bos Aires) ás 19h
  • Carral na Casa da Cultura (Rúa Paleo,7) ás 20:30
  • Ferrol no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204) ás 19h
  • Foz na Casa da cultura de Foz (Rúa de Lugo 1) ás 19h
  • Lalín no IES Laxeiro (Avd. Buenos Aires, 71) ás 19h
  • Lugo en Bico de grao (Ronda das Fontiñas 226) ás 19:30h
  • Ourense na Biblioteca Pública (Rúa Concello 11) o xoves ás 20:30
  • Pontedeume no Colectivo Terra (Rúa Boa Vista 8, baixo) ás 19h
  • Rianxo no Auditorio (Autores da Rianxeira, s/n) ás 19:00h
  • Ribadeo no Amodiño Tenda Bar (Rúa Amando Pérez 8) ás 19h
  • Ribeira no Ateneo Valle-Inclán (Praza de Compostela 11) ás 20h
  • Santiago de Compostela no local de Compostela Aberta (Praza do Toural) ás 19h
  • Vigo no Centro Cívico de Teis (Rúa Maceiras s/n) ás 20h
  • Vilar de Santos na Arca da Noe (Rúa do Forno 13) ás 19h

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.