Home > Grupos Locales > Galiza > Som Energia Galiza > Benvida ao blog de Som Energia Galiza
Nucleares NON Graciñas - Asemblea 2014
asemblea 2014

Benvida ao blog de Som Energia Galiza

Dámosvos a benvida a este novo espazo de difusión do grupo local galego que é o noso blog.

Neste espazo aberto a todas publicaremos información relativa á nosa actividade como Sección Territorial da Galiza, até o momento o único grupo de traballo da cooperativa no noso territorio.

O grupo galego leva traballando e loitando por un modelo enerxético mais xusto e baseado en enerxías renovables desde o ano 2012, dando charlas, participando en feiras e compartindo, cara a cara, o proxecto da cooperativa. Podes ver un resumo da nosa actividade na plataforma de traballo.

Nucleares NON Graciñas - Asemblea 2014
Asemblea 2014

Somos xa mais de 250 as persoas que nos fixemos socias da cooperativa e que dimos o salto para consumir doutro xeito mais consciente e acorde ao mundo que desexamos. Somos mais de 250, si, mais somos máis do que un número, somos unha comunidade, e por iso queremos, nesta nova etapa, mellorar a comunicación cos socios e socias da Galiza e facilitar a participación de todas na loita por un novo modelo enerxético. En breve poñeremos en marcha a páxina de Facebook do grupo, un perfil de Twitter,… e crearemos tamén un punto de información sobre a cooperativa na Coruña, un lugar onde persoas (socias ou non) poidan achegarse para coñecernos e resolver as súas dúbidas de xeito presencial.

Recomendámosvos que vos subscribades a este blog para recibir no voso correo notificacións das novas entradas e non perdervos todas estas novidades.

Lembrade que se queredes participar mais activamente na cooperativa podedes poñervos en contacto co grupo a través do noso enderezo: galiza@somenergia.coop

Saúde e boa enerxía!
Sección Territorial Som Energia Galiza

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.