Girona, 9 de abril de 2015
Estimados socios e socias:
En nome do Consello Reitor de Som Energia SCCL convocamosvos á Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Som Energia que se celebrará o día 9 de maio de 2015.
A Asemblea Xeral Ordinaria será ás 9:30 horas en primeira convocatoria e ás 10:00 horas en segunda.
A Asamblea Xeral Extraordinaria será ás 11:00 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 horas en segunda.
A sede central será en Girona:
Auditorio del Edificio Narcís Monturiol
Parc Científic i Tecnològic de la Universitat de Girona.
Pic de Peguera 15 – Girona
Ademais, simultaneamente, haberá sedes en distintas cidades, organizadas polas Seccións Territoriais e Grupos Locais da cooperativa, desde as que se poderá participar da Asamblea igualmente.
A sede en Galicia será na Coruña:
Local da empresa Igalia (Software Libre)
Bugallal Marchesi, 22, 1º
A Coruña
A orde do día, aínda provisional, é a seguinte:
- Presentación da Memoria social e económica de 2014
- Aprobación das contas de 2014
- Aprobación do orzamento para 2015
- Rogos, preguntas e propostas das socias e socios
- Novas persoas candidatas ao Consello Reitor
- Aprobación do modelo de investimento “Generation kWh”
- Aprobación do interese 2015 para o capital social voluntario
- Ampliación dunha nova emisión de capital social voluntario
- Informe revisión tarifa eléctrica (simulación xullo 2015)
- Aprobación do uso do donativo voluntario
- Rogos, preguntas e propostas das socias e socios.
Neste espazo de Asemblea Xeral do blog engadiremos todas as novidades e materiais en relación á Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria.
Esperando contar coa vosa presencia para adoptar decisións co máximo número de achegas e visións, recibide un cordial saúdo,
Consello Reitor de Som Energia
A efectos de estimar o número de persoas que asistirán á asemblea na Coruña cubre o seguinte formulario se contas con asistir: cubrir formulario.