Home > Grupos Locales > Galiza > Som Energia Galiza > Novo Punto de Información de Som Energia na Coruña

Novo Punto de Información de Som Energia na Coruña

Seguimos de estrea!. O próximo xoves día 30 de abril botaremos a andar o novo Punto de Información na cidade da Coruña.

Ao igual que outros grupos locais (Barcelona, Madrid, …) poñemos en funcionamento, con periodicidade mensual, un punto de información da cooperativa, un lugar onde atender a socios/as e non socios/as para resolver dúbidas sobre a cooperativa, para falar sobre os nosos servizos, para entender a factura, coñecer medidas de eficiencia enerxética, etc.

O lugar escollido foi o local da Cooperativa de consumo responsable Zocamiñoca, un proxecto de economía social que leva promovendo, desde 2007, un xeito diferente de relacionarnos co consumo. Todos os últimos xoves de mes, en horario de 18:30 a 20:00, atoparás no local de Zocamiñoca, unha persoa de Som Energia para atenderte.

 

Data: O último xoves de cada mes
Hora: De 18:30 a 20:00
Onde: No local da Cooperativa Zocamiñoca (Avda. dos Caídos, 199 15009 A Coruña) (ver mapa)

Que aínda non es socia da cooperativa? A que esperas? Da o salto e pásate polo punto de información para coñecernos!.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.