[Tamén en: Català]
Unhas 200 persoas participamos este fin de semana, 18, 19 e 20 de setembro, na IV edición da Escola de Setembro.
O grupo local do Baix Montseny foi este ano o anfitrión do encontro e sorprendeunos cun magnífico aloxamento que permitiu baños de piscina, partidos de básquet e subministro de cervexa artesá autoxestionado.
A Escola de Setembro dividiuse en dous eixos principais de formación e debate. O primeiro, en referencia a Cara onde vai o sistema eléctrico e cara onde vai Som Energia, contou coa poñencia inaugural de Alfons Pérez, do Observatori del Deute en la Globalització e a Xarxa per la Sobirania Energètica, sobre os riscos do gas como combustible de transición.
O sábado pola mañá, a seguir con este primeiro eixo, tivemos a poñencia dos compañeiros do Observatorio Crítico de la Energía, Marta Victoria, Manuel Castillo e Íñigo Ramiro, que fixeron un repaso histórico da regulación en España en materia de autoconsumo, unha comparativa coa situación noutros países e presentaron a súa proposta de Normativa de Autoconsumo e a que propón a Fundación Renovables. A última parte da mañá dedicámola ao Espacio de Traballo: Definición da proposta de Autoconsumo de Som Energia. Para chegar a un planteamento inicial da proposta realizamos unhas dinámicas participativas guiadas polo equipo de dinamización (unha das novidades deste ano).
O sábado seguiu co inicio do segundo eixo en relación á Organización da cooperativa. Raimon Gassiot de Coop 57 compartiu o modelo da súa organización, á par que convidou a reflexionar sobre as inquedanzas e necesidades de socios e socias de Som Energia. Á tarde realizouse outra dinámica participativa que permitiu avanzar no modelo organizativo de Som Energia propoñendo retos e inquedanzas dos Grupos Locais así como tensións no modelo actual da cooperativa.
Ao longo do sábado e domingo, realizaronse de forma paralela obradoiros de formación. A pobreza enerxética, Generation kWh e Recupera el Sol e a Plataforma, foron as protagonistas desta edición.
Finalmente, o domingo pola mañá houbo dúas sesións de formación sobre a Contratación con Administracións Públicas e a Tarifa 3.0.
Este ano, aparte da fotografía de grupo, dedicamos unha fotografía en apoio aos e ás refuxiadas sirias e á activista de Azerbaijan presa Khadija Ismayilovaen.
Un ano máis quedaron evidenciadas as ganas de participar, reflexionar e construir todos e todas xuntas. Foron uns días moi intensos de encontros que non só permiten que medremos como persoas consumidoras empoderadas senón que reforzan os pilares da grande familia que somos.
Nos próximos días colgaremos no Blog os materiais do fin de semana, por agora podedes acceder ás Conclusións da xornada.
Moitas gracias, moitos parabéns e seguimos!