Home > Grupos Locales > Galiza > Som Energia Galiza > V Encontro de Grupos Locais en Vitoria-Gasteiz

V Encontro de Grupos Locais en Vitoria-Gasteiz

[Català - Castellano] 

O pasado fin de semana do 5 e 6 de marzo tivo lugar en Vitoria-Gasteiz o 5º Encontro anual de Grupos Locais da cooperativa.

Á reunión asistiron unhas 70 persoas de 26 grupos locais de todo o territorio español.

O sábado de mañá a xornada comezou coa benvida por parte do Consello Reitor e por parte dos grupos locais anfitrións e a continuación fíxose unha dinámica para falar do empoderamento e a autonomía dos grupos locais, conducida pola cooperativa ColaBoraBora.

Deste traballo saíron diferentes propostas, das que se considerou mais prioritaria mellorar a sinerxia entre grupos locais, recompilando e organizando un almacén de recursos da cooperativa para eles.

Trobada-encuentro-GL-2016

Pola tarde falouse sobre os estatutos da cooperativa e sobre a proposta de modificación dos mesmos. Tamén se compartiron distintas experiencias dos grupos, como un proxecto de autoconsumo de Energia Gara Bilbao, o asesoramento ao concello de Iruña de Energia Gara Nafarroa, a campaña «Presume de Boa Enerxía» de Som Energia Barcelona, o papel de Som Energia Sevilla no proxecto de Alcolea del Río, o convenio coa Asociación de comerciantes de Som Energia Mallorca, entre outros.

O domingo comezou cunha presentación dos recursos actuais da cooperativa en relación ás comunidades de veciños, ás administracións públicas, ao autoconsumo e aos acordos de colaboración.

A continuación falouse sobre o uso das ferramentas existentes en canto á comunicación dos grupos cara as persoas socias e tamén da comunicación entre os diferentes grupos (coordinación das redes sociais, campañas de activismo, etc.).

Finalmente o encontro terminou o domingo ao mediodía, cun agradecemento a todas as persoas asistentes e ás organizadoras, en especial aos grupos locais da zona, de Vitoria-Gasteiz e Bilbao, que se encargaron de toda a loxística e que nos fixeron sentir como na casa. Eskerrik asko! 😉

A reunión de Grupos Locais é un bo punto de encontro das personas máis activas da cooperativa, para poñer caras, reencontrarse, compartir experiencias e coordinarse, e unha vez mais evindencioiuse que a alma social da cooperativa segue activa. Gracias aos Grupos Locais polo traballo que fan día a día de forma voluntaria!

Podes ver as imaxes do encontro neste enlace: Flickr.

Nos próximos días colgaremos as actas e toda a información resultante do encontro noutro post do Blog.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.