Home > Comunicados de Prensa > Generation kWh > [NdP] Conectada a primeira planta fotovoltaica participada tras o decreto contra as renovables

[NdP] Conectada a primeira planta fotovoltaica participada tras o decreto contra as renovables

[Tamén en: Català] e Castellano]

A conexión coincide có 30 aniversario de Chernóbil, o maior accidente nuclear da historia

 

Alcolea del Río, 26 de abril de 2016.- Despois dunha longa demora burocrática, está previsto que a planta fotovoltaica de Alcolea del Río de Som Energia se conecte hoxe á rede eléctrica. Construíuse en menos de dous meses mais levaba desde decembro de 2015 á espera dos permisos necesarios para entrar en funcionamento.

A planta, cunha producción anual prevista de 3,4 millóns de kilovatios-hora (o equivalente ao consumo anual de electricidade dunhas 1.300 familias) e un aforro de 1.300 toneladas de CO2, foi posible grazas á Generación kilovatio-hora (www.generationkwh.org), unha iniciativa colectiva da cooperativa Som Energia, financiada por achegas particulares de socios e socias, e que conseguiu os 2 millóns de euros necesarios para a súa construcción.

Segundo Nuri Palmada, responsable de Proxectos da cooperativa «chegar até aquí, poñer en funcionamento esta planta solar, demostra que se poden superar as barreiras ás enerxías renovables e á autoproducción individual, que paralizou durante os últimos anos novos proxectos de renovables no Estado español».

A planta fotovoltaica de Alcolea del Río é o primeiro dos tres grandes proxectos de enerxías renovables da Generación kWh de Som Energia. Para Ana Marco, presidenta do Consello Reitor, «conseguir un mix de varias tecnoloxías como a fotovoltaica, a eólica e a minihidráulica, demostra que un futuro 100% renovable é posible».

O investimento total previsto é de 5 millóns de euros. O segundo gran proxecto da Generación kWh, a construcción comunitaria dun muiño eólico perto de Barcelona, ven de ser autorizado poa Generalitat de Cataluña este mismo mes de abril.

A conexión da planta de Alcolea coincide co lanzamento da campaña «Desenchufa a enerxía nuclear«, que lembrando o 30 aniversario do desastre de Chernóbil, quere impulsar a necesidade de deixar de financiar ás grandes eléctricas que, pola contra, seguen a promover e utilizar unha enerxía suxa, centralizada e insostible.

A orixe da Generación kWh atópase en Som Energia (www.somenergia.coop), unha cooperativa sen ánimo de lucro, co firme obxectivo de mudar o modelo enerxético cara un modelo 100% renovable. Fundada por 150 persoas socias, en cinco anos conta xa con máis de 25.000 socios/as e perto de 34.000 contratos de electricidade verde.

 

Máis información:
www.generationkwh.org

Nuri Palmada, Proyectos: 639 93 47 31
Francesc Casadellà, Comunicación: 638 54 38 40
Sixto Martín, Som Energia Sevilla: 676 96 77 18

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.