[Tamén en: Català e Castellano]
O pasado sábado 28 de maio celebramos a Asemblea Xeral de Som Energia.
Asistimos 367 persoas socias da cooperativa, repartidas en 20 sedes en todo o territorio, participación similar a do ano pasado.
Este ano a xornada dividiuse en dúas partes, na primeira, dedicada aos temas máis estruturais da cooperativa, presentamos a memoria social e económica e o exercicio económico de 2015, o orzamento previsto para o 2016, a designación de auditores, os convenios de intercooperación e o punto da modificación de estatutos e regulamento interno de funcionamiento.
Aprobáronse as seccións territoriais existentes, a creación dun equipo de xerencia de até 5 membros e a aprobación dos artigos 2 e 3 do Regulamento de Funcionamiento Interno proposto con anterioridade.
Por outra parte, no debate que tivo lugar quedou patente a tensión relativa á modificación de ámbito xurídico e decidiuse, a petición dunha delas, desglosar as preguntas a votar para poder recoller as diversas sensibilidades de forma máis precisa.
Este feito xerou que dous dos puntos a modificarse non foran aprobados. Así, desestimouse a nova proposta de estatutos e que o Consello Reitor poida convidar, con voz pero sen voto, ás Seccións Territoriais nas súas reunións.
A segunda parte da Asemblea, dedicada aos temas máis conxunturais, dedicouse á presentación dos modelos de compra de enerxía, das tarifas para o período de xuño de 2016 ata maio de 2017, o prezo Generation kWh e os xuros do 3% ás achegas voluntarias ao capital social.
En referencia ao mercado eléctrico aprobouse con ampla maioría a proposta de que a cooperativa sexa representante de produtoresa de enerxía, e tamén se aprobou a posibilidade de venda da enerxía a prezo fixo por un ano a partir de cando se asina o contrato coa cooperativa (pensado sobre todo para licitacións públicas) e a venda de enerxía a prezo indexado.
Para acabar, Ana Marco despediuse cunha emotiva carta e recibiu un forte aplauso como agradecimento e recoñecemento á súa dedicación e esforzo realizado durante estes últimos anos no seu papel de Presidenta da cooperativa.
Elementos de reflexión
Cabe destacar que o resultado máis axustado de todas as votacións deuse en relación a proposta de determinar o prezo de venda segundo os diferentes custos existentes para cada subsistema eléctrico (58% de votos afirmativos).
Esta aprobación maioritaria, pero cun número relevante de votos en contra, obríganos a proceder na súa aplicación de xeito responsable, coidadoso e respectuoso para as persoas socias que non consideran axeitada a proposta. Será un reto porque até o de agora a cooperativa estaba afeita a sacar adiante as propostas cunha ampla aceptación. Poremos o noso esforzo en facelo do mellor xeito posible!
A modo de reflexión, tanto os cambios a última hora das preguntas, como os debates acalorados e os resultados axustados, fan que nos deamos conta de que chegaron á Asemblea temas importantes que non se debatiran no espazo que tocaría nin co tempo necesario para poder traballar propostas de consenso que incorporen as diferentes voces e sensibilidades da base societaria da cooperativa.
Mais pon de relevo que o modelo cooperativo é realmente unha ferramenta transformadora que da espazo potencial para que a cidadanía constrúa e participe da economía.
O Consello Reitor é consciente de que se abriu un debate sobre a organización interna de Som Energia e proponse potenciar este debate co mecanismo que parece máis próximo aos nosos principios: máis democracia. Neste sentido, entre outras medidas, a reflexión sobre a nosa organización interna deberá ter un papel central na próxima Escola de setembro.
Todas aquelas persoas que estamos ao servizo destes procesos de debate e construcción, facémonos responsables para seguir traballando cara unha mellora destes espazos e mecanismos de participación.
Aproveitamos para compartir a carta que o Consello Reitor escribiu, dirixida a todas as personas socias en relación á Asemblea Xeral:
Grazas a todos os socios e socias que asistiron á Asemblea e ás que fixeron posible o correcto desenvolvemento da mesma nas distintas sedes.
- Recompilación de imaxes da Asemblea
- Acta da Asemblea
- Vídeo resumo da Asemblea
- Vídeo da Asemblea (1ª Parte y 2ª Parte)