Home > Grupos Locales > Galiza > Som Energia Galiza > Nova actualización de prezos a partir de agosto

Nova actualización de prezos a partir de agosto

[Tamén en: Catalán]

Neste mes de xullo o Goberno ven de publicar que se modificará o prezo dun dos conceptos que integra o prezo da electricidade, o de «pagos por capacidade». Nesta ocasión, como novidade, os prezos baixan (aínda que pouco) e en consecuencia, en Som Energia actualizamos o prezo da electricidade para os próximos meses.

O que nos parece realmente curioso é que se publique unha baixada deste concepto a aplicar desde o 1 de agosto até o 31 de dicembro, mais a partir de xaneiro de 2016 volverá subir a case o mesmo que custa agora. Casualidade ou non, este período de rebaixa coincide coas eleccións xerais do Goberno.

Entón, que son os pagos por capacidade?

Son pagos que reciben as centrais (sobre todo de gas) que teñen a capacidade de poñerse en marcha no momento que hai picos de demanda, para garantir o subministro de electricidade a todos os usuarios e usuarias.

O concepto pode parecer positivo, mais a realidade é que en España hai unha potencia instalada moi superior á realmente necesaria. Moitas das centrais de gas traballan poucos días ao ano, e quizáis o máis conveniente fose fechalas, en lugar de darlles un pago «por se fan falla».

Como nos afecta esta actualización?

Coa modificación dos pagos por capacidade, os nosos prezos baixan a partir do 1 de agosto.

No seguinte enlace atoparedes os novos prezos:

Enlace ás Tarifas de electricidade

A modo de exemplo, alguén que utiliza 2.500 kWh ao ano e que dispón da tarifa 2.0A (a maior parte dos clientes da cooperativa ), durante os próximos seis meses pagará aproximadamente 6€ menos (1 euro menos ao mes).

Se queredes, no Histórico de tarifas podedes ver a evolución dos nosos prezos.

E avanzamos (tal e como xa se anunciou) que os pagos por capacidade a partir do 1 de xaneiro de 2016 volven subir (a uns prezos moi similares aos que tivemos até xullo.

Queredes saber máis?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.