[Tamén en: Català e Castellano]
Como cada ano desde que comezamos comercializar, Som Energia foi etiquetada como comercializadora verde (100% renovable) por parte da CNMC (Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia).
Para este trámite, que se realiza anualmente, necesitamos a colaboración de empresas produtoras renovables que nos transfiren os seus certificados de garantía de orixe (GdOs) correspondentes á súa produción durante o ano 2015. Se sumamos a nosa propia produción, a partir das nosas instalacións de xeración, recollimos suficiente enerxía verde para a nosa clasificación. Mesmo moita máis da necesaria!
Procuramos tamén buscar produtores que nos permitan obter certificados dunha variedade de fontes renovables que se axusten mellor ao modelo renovable no que cremos, o que debe basearse en diferentes tipoloxías de fontes enerxéticas (solar fotovoltaica, eólica, hidráulica, biomasa, etc.). Cremos que é importante mostrar a orixe desta produción de electricidade renovable e tamén con quen colaboramos para conseguir estes certificados, para poñer en valor este sistema de certificación que actualmente usamos.
Nesta ocasión, seguimos a disfrutar de colaboracións moi apreciadas e con quen hai tempo que traballamos (Ecooo, Eólica el Perelló, Apergas, Enervent, Electra Mestral, Ayuntamiento de Baztán, e de socios e socias da cooperativa que teñen instalacións renovables inxectando á rede) mais tamén incorporamos novas relacións (Nexus e Enerpal) que, en caso de manterse os seguintes anos, poden garantirnos o mantemento da clase A (100% renovable).
Moitas gracias a todos e todas por esta colaboración tan necesaria para nos!
E tamén nos alegra ver como aumenta a cantidade de certificados que veñen das nosas plantas de xeración. Se miramos a achega do ano 2015 respecto do ano anterior, incrementouse nun 160%, pasando de 1.490 MWh a 3.876 MWh.
Máis información:
- Detalle dos proxectos orixe dos certificados do ano 2015
- Informe da CNMC coa clasificación das diferentes comercializadoras
Con esta nova información anual que nos facilita a CNMC, queremos facer algúns comentarios respecto a como mudou o mix enerxético para a produción de electricidade en España.
É preocupante constatar que a achega das enerxías renovables se ten reducido substancialmente durante o último ano. A pesar de ser considerable a súa achega á xeración eléctrica (mantén o primeiro lugar cun 35,3%), muda a tendencia á alza dos últimos anos e retrocede máis dun 5%. Pola contra, a achega ao mix mantense igual polo que se refire á Nuclear ou ao uso do Fuel/Gas para producir electricidade. E moito máis preocupante é o aumento do uso do carbón e os ciclos combinados!
Alguén pode considerar atrevido extraer conclusións fixándonos tan só nestes datos, mais non é difícil ver unha relación directa entre a evolución do mix eléctrico na nosa casa e a falta actual de apoio político na transición enerxética que sofremos estes últimos anos no Estado español.
Por isto é que queremos seguir a traballar para construír unha ferramenta que axude a transformar o modelo enerxético, cara o que nos convén máis a todos e todas: as renovables, a eficiencia e o papel relevante da cidadanía para conseguilo.