Home > Som Energia > Germinador Social > ¡Abrimos as inscripcións na 3ª Edición do Germinador Social!

¡Abrimos as inscripcións na 3ª Edición do Germinador Social!

[Tamén en: Castellano y Català]

Logo da boa aceptación das dúas primeras edicións, con máis de 70 proxectos presentados, hoxe, mércoles 20 de marzo do 2019 e coincidindo coa chegada da primavera, abrimos as inscripcións na 3ª Edición do Germinador Social! Aquí están os detalles para participar:

¿Que é o Germinador Social?

O Germinador Social é un concurso impulsado por Som Energia e Coop57 que pretende estimular a creación de novos proxectos que xeren modelos innovadores de iniciativas sociais, enerxía renovable e eficiencia enerxética no marco da Economía Social e Solidaria, e que teñen como obxetivo a transición enerxética.

¿A quen vai dirixido?

O Germinador Social está aberto a iniciativas dentro do territorio español que sexan de creación recente (proxectos con menos de 3 anos de vida) e aquelas, xa existentes, que inicien unha nova liña de actividade dentro da organización. Os proxectos que se presenten deben contribuír á transición enerxética e deben organizarse nalgunha das seguintes formas de Economía Social e Solidaria:

  • Proxectos embrionarios aínda sen forma xurídica.
  • Cooperativas.
  • Sociedades laborais.
  • Mutualidades.
  • Empresas de inserción.
  • Centros especiais de traballo.
  • Sociedades agrarias de transformación.
  • Asociacións.
  • Fundacións.

Novidades desta 3ª Edición

A novidade máis destacada é un premio especial no ámbito da Pobreza Enerxética. Animamos a imaxinar un novo modelo enerxético libre de desigualdades ao tempo que salientamos o noso compromiso en reverter os efectos nocivos do modelo económico e social actual. Así, os proxectos deben presentarse dentro dun destes dous ámbitos:

  • Transición enerxética: proxectos que teñen como obxectivo camiñar cara a un modelo enerxético renovable, en mans da cidadanía, con arraigamento local, fomentando un cambio na maneira de xestionar e utilizar a enerxía e incrementando o seu uso compartido e eficiente.
  • Pobreza enerxética: proxectos que teñen como obxectivo mitigar as causas e consecuencias, estruturais e contextuais, da pobreza enerxética (dificultade de pagar unha cantidade de enerxía suficiente para satisfacer as necesidades domésticas).

Tamén hai novidades destacadas na concesión dos premios. Por unha banda, este ano as votacións populares decidirán directamente un dos premios. E pola outra, do mesmo xeito que en pasadas edicións, haberá un premio concedido polos asistentes no acto final do concurso, no marco da Escola de Som Energia, coa diferenza que este premio, contará este ano coa colaboración da cooperativa Opcions. Tamén se engadiron varias melloras nos prazos e as fases das bases do concurso.

Funcionamento do concurso: Termos e fases

  • Fase 1. Presentación de proxectos: do 20 de marzo ao 12 de maio de 2019
  • Fase 2. Validación dos proxectos presentados: do 13 de maio ao 7 de xuño
  • Fase 3. Votación popular dos proxectos validados : do 8 ao 30 de xuño
  • Fase 4. Votación do xurado dos proyectos validados: do 1 ao 30 de xullo
  • Fase 4.1. Notificación dos proxectos gañadores: 5 de setembro
  • Fase 5: Acto final e premio do público: Escuela de Som Energia 2019

Criterios de valoración do xurado

  • A contribución ao cambio de modelo enerxético.
  • O impacto social no territorio.
  • O sistema de gobernanza e participación.
  • A mirada de xénero.
  • Os beneficios ambientais (non enerxéticos).
  • A replicabilidad noutros puntos do territorio.
  • A sustentabilidade técnica e económica.
  • O grao de innovación e orixinalidade.

Premios

Por parte de Som Energia, os premios consisten nunha achega económica a fondo perdido de 31.500 euros, a repartir entre os proxectos gañadores. Este importe xorde dos recursos que se reciben a través do donativo voluntario dos contratos de electricidade. Por outra banda, en caso de concederse un préstamo por parte de Coop57, este terá unha redución do 50% do custo financeiro asociado durante os dous primeiros anos.

¿Como participar?

¡Animádevos a participar! E se coñecedes algunha persoa ou organización que poida estar interesada, podedes facer difusión e axudarnos a apoiar así o camiño cara á transición enerxética.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.