Home > Som Energia > Ollo cos comerciais porta a porta!

Ollo cos comerciais porta a porta!

[Entrada tamén dispoñible: Castellano, Català e Euskara]

Xa hai uns meses que os socios e socias da cooperativa nos informades de prácticas estrañas por parte dalgúns comerciais porta a porta que nos piden información sobre o noso contrato da luz.

Son axentes comerciais que teñen un aspecto serio e profesional e que despregan un discurso ben tentador para que os atendamos. Ou ben queren revisar se pagamos de máis ou de menos, ou verificar que as lecturas facturadas son correctas, ou revisar se nos corresponde recibir parte do diñeiro do primeiro trimestre que as  Comercializadoras de Último Recurso debían aos clientes.

Con estas escusas piden a factura, fanlle unha fotografía para rexistrar os datos e, posteriormente, realizan un cambio de empresa comercializadora.

Ante isto, hai varias cousas das que podemos estar seguras como persoas consumidoras da cooperativa:

  • Non debemos ensinar nunca a factura a ninguén, nin dar os nosos datos.
  • A única persoa que pode entrar na nosa casa é (e só no caso de ter o contador dentro da casa) un axente da empresa distribuidora. E só ten que acceder ao contador a mirar a lectura, non precisa da factura.
  • Som Energia, se necesita comunicarse cos socios, socias ou consumidoras, faino a través do correo electrónico ou do teléfono, non temos ningunha empresa subcontratada para facer este tipo de trámites.

Seguimos con boa enerxía!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.