Home > Som Energia > Convocatoria Asemblea Xeral 2017

Convocatoria Asemblea Xeral 2017

[También en: Castellano, Català, Euskara]

Girona, 3 de maio de 2017

Prezados socios e socias,

No nome do Consello Reitor convocámosvos á Asemblea Xeral de Som Energia que se celebrará o vindeiro sábado 27 de maio do 2017.

A Asemblea Xeral será ás 9:30h nunha primeira convocatoria e unha segunda ás 10:00h.

A sede central será no:

Auditorio do Edificio Narcís Monturiol
Parque Científico e Tecnolóxico da Universidade de Girona.
Pic de Peguera, 15 – Girona

Amais, conxuntamente, haberá sedes en diferentes cidades, organizadas polos Grupos Locais da cooperativa, dende as que se poderá participar igualmente da Asemblea; informarémosvos máis adiante.

A orde do día é a seguinte:

Benvida e repaso do ano
  Estado de contas (aprobación contas 2016 e distribución do excedente cooperativo)
  Presentación do Informe da Auditoría de contas
  Ratificación das Líñas Estratéxicas
  Aprobación Orzamento 2017
  Xuro anual ao Capital Social Voluntario
  Ampliación da emisión de Capital Social Voluntario
  Elección novos cargos Interventores/as de Contas
  Tarifas eléctricas 2017-2018
  Prezo Generation kWh
  Posíbel conflito de interés: Participación no Eolpop
  Posíbel conflito de interés: Contratación Jaume Aliaga
  Elección novos cargos Consello Reitor
 Tema a informar
 Voto a man alzada
 Voto electrónico

Podedes participar do debate previo sobre os diferentes puntos que se tratarán de xeito virtual a través do grupo “Asemblea Xeral 2017” da Plataforma.

Votación electrónica

Este ano, coa vontade de innovar e experimentar novas ferramentas de participación, empregaremos o voto electrónico para aqueles temas nos que sexa preciso votar de xeito anónimo:

  1. Participación en Eolpop.
  2. Contratación Jaume Aliaga.
  3. Elección novos Cargos Consello Reitor.

O período para votar electrónicamente será a segunda quincena de maio (e deste xeito poder comunicar o resultado das votacións o mesmo día da asemblea), xa vos daremos a información correspondente. ¡Estade atentos e atentas!

Tede en conta que estas votacións só se poderán realizar electrónicamente e ¡non se poderá exercer o voto durante la Asemblea presencial!

As persoas que non queirades que os vosos datos se incorpóren ao sistema de votación on-line que contratamos (Nvotes), podédesnolo comunicar a som2017@somenergia.coop explícitamente antes do 13 de maio e confiaredes ao resto de persoas socias os resultados da votación.

Lembrade que o derradeiro día para recibir as candidaturas ao Consello Reitor será o 14 de maio. 

Finalmente lembrámosvos que toparedes todas as novidades e materiais que se vaian xerando en relación á Asemblea Xeral neste apartado do Blog.

Animámosvos a participar desta xornada, xa que é un encontro importante para o desenrolo da actividade da cooperativa.

Consello Reitor de Som Energia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.