Home > Som Energia > Comunicado sobre o uso da lingua na Asemblea Xeral de Som Energia

Comunicado sobre o uso da lingua na Asemblea Xeral de Som Energia

[También en: català, castellano, euskara]

En relación con algúns comentarios que recibimos, en referencia ao idioma utilizado durante a realización da Asemblea Xeral do sábado 29 de maio del 2021, queremos transmitir as seguintes ideas:

1. A Asemblea Xeral de 2019 aprobou unha moción en relación co uso das catro linguas no seo da cooperativa. Alén da moción, Som Energia está comprometida coa normalización da diversidade lingüística, xa que nos rexemos polos valores do cooperativismo e a Economía Social e Solidaria, que defenden a democracia, a equidade e a solidariedade.

2. Som Energia debe garantir que todas as persoas poidan expresarse na súa lingua e pór os medios para que o resto poida entendelo.

3. Som Energia transcende o territorio catalán. Aínda que naceu e ten a súa sede en Girona, opera en todo o estado español, e o seu obxectivo é a transición a un modelo enerxético 100 % renovábel, participado e democrático desde os valores cooperativos, sen vontade lucrativa e baseado na transparencia e participación da cidadanía (de persoas socias de todo o estado español).

4. Esta singularidade engade complexidade e retos en canto aos temas lingüísticos e toda acción, xunto cos seus conflitos, é unha oportunidade de crecemento e mellora.

5. Todas as persoas socias somos Som Energia. A participación e a toma de decisións colectiva forman parte deste proxecto. Temos as ferramentas para compartir inquietudes e opinións, debatelas e propor novas accións á organización. Dispomos de vías directas de diálogo porque cremos que este debe ser o modelo a perseguir. A diferenza doutras empresas, Som Energia é unha cooperativa que se reflexiona e se constrúe a si mesma.

6. Neste sentido, recoñecemos que a Asemblea non contou cos mecanismos técnicos que permitisen que o Consello Reitor, formado por persoas diversas de todo o estado, se expresase cada unha coa súa lingua, forzando que a lingua vehicular fose o castelán. Vemos o erro, e pedimos desculpas, xa que non puidemos garantir este dereito co que estamos comprometidas e que na última Escola xa comezamos a despregar. Ademais, comprometémonos a traballar para ter un modelo que coide a diversidade lingüística, tanto de quen se expresa como de quen escoita, en todos os eventos da cooperativa.

7. Porén, non queremos deixar de pór en valor toda a tarefa de Som Energia para articular a armazón democrática, imprescindíbel para poder vehicular a acción da cooperativa. O camiño cara a soberanía enerxética require a confianza e o compromiso para construír a alternativa que proxectamos. Somos unha cooperativa de consumo, no marco da Economía Social e Solidaria, que vela por unha transformación de modelo non só enerxético senón económico e social, procurando un consumo crítico e unha cidadanía informada e formada.

 

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.