[También en: Castellano y Català]
Ante as situacións de persoas que no fan fronte ás facturas que lles corresponden, quixemos establecer un procedemento axeitado á nosa maneira de actuar.
Unha realidade coa que tamén nos atopamos na cooperativa é a xestión das facturas impagadas dalgunas persoas consumidoras de Som Energia. É un traballo pesado, e xeralmente, desagradable de xestionar xa que o trato próximo coas persoas socias e clientes da cooperativa resíntese á hora de afrontar este tipo de situacións.
Para que teñamos unha idea, en 2014 pechamos o ano con 24.000€ de facturas impagadas, concentradas en 163 facturas, e en 2015 acumulamos 63.000€ de facturas impagadas en 177 facturas (das 284.000 facturas emitidas durante o ano). Se ben o volume de facturas impagadas non é moi diferente, o seu volume monetario si que o é, e isto é debido ao incremento de contratos 3.0A ou de empresas con facturas de maior volume.
Respecto á xestión, por exemplo, supuxo en 2014, un seguemento personalizado de 1.628 recibos devoltos que supoñían un volume total de 222.000€, e en 2015 multiplicouse por 1.5 o volume de recibos a xestionar: 2.548 recibos devoltos por un valor total de 360.000€.
Como o volume cada vez require dunha maior dedicación, en Som Energía estipulamos un procedemiento que nos permita actuar con rigurosidade e así evitar danar as relacións persoais coas nosas persoas consumidoras, e procurar que as persoas traballadoras da cooperativa teñan un protocolo no que apoiarse.
Resumimosvos os rasgos principais do procedemiento de xestión de impagos:
- Desde a data de devolución do recibo da factura, envíase un correo semanal á persoa pagadora do contrato (dúass veces máximo).
- Así, se á terceira semana aínda non se efectuou o cobro, faise unha chamada para acordar o pago segundo a situación da persoa.
- Se ao día seguinte da data pactada para o cobro, éste non se fixo efectivo, faise un segundo contacto telefónico.
- Se 3 días máis tarde este cobro segue sen efectuarse e xa hai dúas facturas impagadas, chámase para avisar que se non hai unha regularización da situación, daremos orde de corte do subministro á distribuidora por impago.
- Se unha semana máis tarde aínda non se xestionou o cobro, envíase un último correo para indicar que se en 10 días non se regularizou a situación, comunicarase definitivamente a orden de corte.