Home > Grupos Locales > Galiza > Som Energia Galiza > Desenchufa a enerxía nuclear o 26 de abril

Desenchufa a enerxía nuclear o 26 de abril

[Tamén en: Català e Castellano]

O 26 de abril de 2016 é o trinta aniversario do accidente nuclear de Chernóbil (Ucrania).

A radiación de Chernóbil continuará producindo mutacións e matando ós organismos vivos durante miles de anos. Como protesta e para recordar ás vítimas de Chernóbil queremos boicotear á enerxía nuclear. E pedímosvos que vos unades.

O accidente de Chernóbil significou por primeira vez unha fuga a gran escala de radiactividade, que viaxou en forma de nube por toda Europa, e puxo de manifiesto que a seguridade nuclear non é algo que implique só ao país que posúe as centrais, posto que a radiactividade pode viaxar miles de km. A catástrofe supuxo uns sete millóns de persoas afectadas, a mitade da poboación de Bielorrusia analizada presenta mutacións no sangue, unha extensión contaminada de 150.000 km2 e o número de cáncros de tiroides multiplicouse por cen. Un círculo de 30 km arredor da central resulta inhabitable.

Porén, os oligopolios de electricidade seguen promovendo e utilizando a enerxía nuclear. Valoran mais os seus beneficios que o medio ambiente ou a seguridade das persoas. Así, cada 26 abril, miles de persoas en todo o mundo uniranse para mostrar que non precisamos  enerxía nuclear para vivir.

Ao aforro, que debe ser a base do noso actuar cotiá, debemos sumarlle o utilizar outras fontes de enerxía e outras comercializadoras, así non só deixamos de financiar ás grandes eléctricas senón que declaramos a nosa independencia de tecnoloxías de xeneración suxa, centralizada, e insostible.

É hora de castigar ás compañías de electricidade do único xeito que entenden, deixando de darlles diñeiro. Cando as subministradoras vexan unha caída considerable dos seus ingresos, abandonarán a enerxía nuclear. Únete á nosa acción o 26 de abril:

cartel-desenchufa-som-energia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.