Home > Campañas > AUTOPRODUCIÓN? AGORA MÁIS QUE NUNCA!

AUTOPRODUCIÓN? AGORA MÁIS QUE NUNCA!

Consideramos unha mellora da eficiencia do sistema enerxético a xeración distribuída baseada en fontes renovables. Por isto apoiamos a autoprodución solar de electricidade.

As persoas que desexamos un modelo enerxético máis eficiente, baseado en renovables e en mans da cidadanía, vemos na autoprodución unha oportunidade para poder contribuír sinxelamente, dende as nosas casas, a un cambio de modelo cun menor impacto ambiental e que axude a reducir a nosa dependencia fósil de recursos exteriores. Porén, a autoprodución non se premia ni se facilita no estado español. Ao contrario!

A regulación eléctrica do goberno central pon freo á eficacia, ao aforro enerxético e as renovables.

A proposta de regulación da autoprodución presenta, por exemplo, que para poder xerar aínda que sexa unha pequena parte do noso consumo, teñamos que pasar por unha complexa e absurda tramitación administrativa. Chégase a propoñer incluso unha peaxe para a enerxía que xamais chegará á rede. Ademais, con plena conciencia de que facer pagar polo uso libre do sol é unha inxustiza, percha o cerco sobre a autoprodución impoñendo sancións para quen pense desobedecer esta irracional reforma.

Por todo isto, en Som Energia cremos na necesidade de impulsar, agora máis que nunca, a opción da autoprodución solar eléctrica. Queremos facilitar e apoiar aos socios e socias para que se convertan en autoproductores e amosen unha vontade colectiva de non deterse no camiño cara o modelo 100% renovable e eficiente.

  • Animámosvos a que vos pensedes incorporar un sistema de autoprodución na casa.
  • Elaboramos unha pequena guía para resolver as dúbidas que podades ter e para axudar a identificar o kit máis indicado para vos.
  • Promovemos a formación e as charlas de denuncia da situación da autoprodución en España.
  • Coordinarémonos con outras entidades que están actuando na mesma dirección que nos en resposta á reforma.

Sumémonos para exercer o noso dereito a utilizar o sol libremente para un modelo enerxético e social máis xusto e sostible.

kit_autoproduccio_CAST

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio esta protegido por reCAPTCHA y laPolítica de privacidady losTérminos del servicio de Googlese aplican.

El periodo de verificación de reCAPTCHA ha caducado. Por favor, recarga la página.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.