[Tamén en: Català - Castellano]
Coa aprovación do RD 900/2015, que supón unha nova barreira ao autoconsumo, queremos facer unha recopilación das opinións, análises e reflexións que xorderon nas últimas semanas e que nos parecen destacables.
A nova regulación vai en contra do modelo de desenvolvemento das enerxías renovables polo que nos traballamos: distribuído, eficiente e cun papel activo da ciudadanía.
En lugar de favorecer a autoproducción, no medio da situación de crise climática na que nos atopamos, crea unha peaxe ao sol que frea o acceso a un recurso ao alcance de todos. Este imposto é unha penalización polo feito de que deixaríamos de pagar unha parte da factura de electricidade se puideramos xerar parte da nosa enerxía na casa.
Ademais, segue a crearse unha situación de incerteza porque deixa no aire a aplicación desta peaxe para as instalacións de menos de 10 kW (as axeitadas para un uso doméstico). Deste xeito poden afirmar que as familias non pagan (parte) da peaxe mais esquecen dicir «Por agora!»
Quen nos asegura que non muden as regras do xogo unha vez comece o partido? Como ben sabemos, non sería a primeira vez.
Convidámosvos a ler os seguintes artigos que vos axudarán a entender mellor a situación:
- Entrevista a Jorge Morales de Labra que explica cómo afecta o RD a unha familia con una instalación solar.
- Actualización: 10 claves para entender el Real Decreto de Autoconsumo (Frederic Andreu, Solartradex), repasa de forma máis técnica o que di o novo decreto.
- Nou RD Autoconsum, més lluny de la transició energètica (Pep Salas, Smartgrid).
- El Real Decreto anti-Autoconsumo ya es oficial. ¿Y ahora, qué? (Dani Pérez Holtrop), expone qué podemos facer a partir de agora para seguir a impulsar o autoconsumo tal e como nos gustaría que fora.
- Crónica de un nefasto proyecto para regular el autoconsumo (Manuel Castillo, Marta Victoria e Iñigo Ramiro, Observatorio Crítico de la Energía), é unha escolma de como se desenvolveron os feitos durante os meses previos á publicación do decreto.
- Autoconsumo: Un Real Decreto de usar y tirar (Fundación Renovables) onde pon énfase na protección dos ingresos das eléctricas que persegue este decreto.
- Autoconsumo: Guía para no perderse (Mario Sánchez-Herrero, Ecooo) onde rebate os argumentos existentes en contra do autoconsumo.
- Clamor popular contra el decreto de Autoconsumo porque impone el impuesto al sol (Greenpeace).
- Un Real Decreto contra el autoabastecimiento energético (Jorge Morales de Labra, eldiario.es).
- Las siete trabas del Gobierno para castigar el autoconsumo eléctrico (Público).
Desde a cooperativa animamosvos a asinar o Manifesto pola derogación do RD 900/2015 de Autoconsumo, promovido pola Plataforma por un Nuevo Modelo Energético, da cal formamos parte: