Consideramos unha mellora da eficiencia do sistema enerxético a xeración distribuída baseada en fontes renovables. Por isto apoiamos a autoprodución solar de electricidade.
As persoas que desexamos un modelo enerxético máis eficiente, baseado en renovables e en mans da cidadanía, vemos na autoprodución unha oportunidade para poder contribuír sinxelamente, dende as nosas casas, a un cambio de modelo cun menor impacto ambiental e que axude a reducir a nosa dependencia fósil de recursos exteriores. Porén, a autoprodución non se premia ni se facilita no estado español. Ao contrario!
A regulación eléctrica do goberno central pon freo á eficacia, ao aforro enerxético e as renovables.
A proposta de regulación da autoprodución presenta, por exemplo, que para poder xerar aínda que sexa unha pequena parte do noso consumo, teñamos que pasar por unha complexa e absurda tramitación administrativa. Chégase a propoñer incluso unha peaxe para a enerxía que xamais chegará á rede. Ademais, con plena conciencia de que facer pagar polo uso libre do sol é unha inxustiza, percha o cerco sobre a autoprodución impoñendo sancións para quen pense desobedecer esta irracional reforma.
Por todo isto, en Som Energia cremos na necesidade de impulsar, agora máis que nunca, a opción da autoprodución solar eléctrica. Queremos facilitar e apoiar aos socios e socias para que se convertan en autoproductores e amosen unha vontade colectiva de non deterse no camiño cara o modelo 100% renovable e eficiente.
- Animámosvos a que vos pensedes incorporar un sistema de autoprodución na casa.
- Elaboramos unha pequena guía para resolver as dúbidas que podades ter e para axudar a identificar o kit máis indicado para vos.
- Promovemos a formación e as charlas de denuncia da situación da autoprodución en España.
- Coordinarémonos con outras entidades que están actuando na mesma dirección que nos en resposta á reforma.
Sumémonos para exercer o noso dereito a utilizar o sol libremente para un modelo enerxético e social máis xusto e sostible.