[Tamén en: Català e Castellano]
Lembrámosvos que o próximo sábado 9 de maio terá lugar a Asemblea Xeral da cooperativa, de 10 a 14h.
A continuación detallamos toda a información:
- Sede onde se realizará a Asemblea na Galiza
- Orde do día
- Documentos dos puntos a tratar
- Buscamos persoas candidatas a Interventor/a de Contas
- Persoas candidatas ao Consello Reitor
- Apoio á Campaña de denuncia Salvemos Catasós
Sede e enderezo para participar na Asemblea desde Galiza
Zona |
Enderezo |
Inscrición |
Galiza | Local de Igalia (Software Libre). Rúa Bugallal Marchesi, 22, 1º. A Coruña | Formulario |
Para quen non poida asistir, aquí tendes o documento para a delegación de voto (descargar GL).
Tamén será posible seguila en directo a través de internet, mais sen opción de voto.
Orde do día
Asemblea Ordinaria
- Presentación do peche provisional do exercicio 2014
- Memoria social 2014
- Exercicio 2014, orzamento 2015 e informe intervención de contas.
Asemblea Extraordinaria
- Presentación modelo investimento GenerationkWh
- Informe Seguimento tarifa eléctrica
- Interes capital social voluntario año 2015 (3%)
- Petición autorización ao Consello Reitor para emisión de capital social voluntario
- Proposta uso do donativo voluntario
- Presentación candidatos a Consello Rector e intervención de Contas.
Documentos dos puntos a tratar
- Memoria Económica (en galego/GL)
- Memoria Social (GL)
- Balance Social
- Balance de contas 2014
- Presuposto 2015
- Informe da Intervención de Contas (GL)
- Detalles do investimento (GL) Generation kWh (modelo de contrato)
- Resultado da enquisa sobre o capital social e donativo voluntario
- Propostas para o uso do donativo voluntario
- Interese do capital social (voluntario) en 2015 e nova emisión de capital social voluntario.
Buscamos persoas candidatas a Interventor/a de Contas
Hai unha vacante como Interventor/a de Contas. Este é o órgano da cooperativa que revisa as contas anuais da cooperativa en nome dos socios e socias.
Ferran Mozas, que exerceu esta función desde o inicio da cooperativa, causa baixa por motivos persoais e faise preciso que outra persoa socia se sume ao equipo de tres interventores/as.
Enlazamos as instrucións para aquelas persoas que queiran presentarse. A data límite para presentar candidatura é o próximo mércores 6 de maio.
Persoas candidatas o Consello Reitor
O día da asemblea cada persoa socia poderá votar tres dos cinco candidatos/as mediante as papeletas de votación. Os tres candidatos/as con maior número de votos serán as novas incorporacións ao Consello Reitor.
Presentámosvos as 4 candidaturas a membros do Consello Reitor:
- Jordi Jover: Carta de motivación – Video de presentación
- Luis M. Navarrete: Carta de motivación – Video de presentación
- Victoria Pellicer: Carta de motivación – Video de presentación
- Maribel Polo: Carta de motivación – Video de presentación
- Antonio Quijada: Carta de motivación – Video de presentación
- Jaume Riera: Carta de motivación – Video de presentación
Apoio á Campaña de denuncia Salvemos Catasós
Este ano, Som Energia Galiza convida a todos os grupos locais a facer difusión da campaña de denuncia Salvemos Catasós.
A proposta é que cada Grupo Local imprima un ou varios cartaces entre os modelos propostos e que nun ou varios momentos da asemblea, fagamos fotografías onde se vexan os cartaces.
Despois poderemos enviar as imaxes directamente a galiza@somenergia.coop e tuitealas citando a @salvemoscatasos.
Neste enlace atoparedes toda a información e o material a imprimir.